jueves, 22 de abril de 2021

"Os nosos maiores e o seu dereito á palabra escrita" de Rodrigo Herrera Alfaia

"O ánimo constante pola estandarización é unha mostra diso, pero máis importante aínda é a confusión, as veces habitual, de que é a lingua a que posúe dereitos e, en segundo termo, os colectivos de falantes. Unha óptica como a que se propón nesta reflexión sitúa no centro do dereito á colectividade. Xa non é a lingua, como artigo cultural, a entidade de maior interese, senón as persoas, novas ou vellas, que falan ou poderían falar galego. (...)

Alén de asumir unicamente a responsabilidade na defensa dun posible obxecto cultural, resultaría vital recoller un compromiso que involucre directamente aos falantes na súa propia heteroxeneidade, na súa propia forma de recoñecerse como territorio."

En "Os nosos maiores e o seu dereito á palabra escrita" (El Salto / Galiza, 7 de abril de 2021) de Rodrigo Herrera Alfaia, aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario